Portada » Convocatorias » Galeruropa 2019 – Extramundi
Galeruropa 2019 - Extramundi

Galeruropa 2019 – Extramundi


Convocatoria Galeuropa 2019- Extramundiprograma de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2018, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e cofinanciado pola iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, de interese para os mozos e mozas menores de 30 anos que se atopan no SNGX (Garantía Xuvenil) e potenciais beneficiarios/as do voso recurso.

A convocatoria enmárcase dentro do programa GALEUROPA procedemento BS324B no cal Extramundi é beneficiaria como entidade sen ánimo de lucro, como indica a resolución definitiva  da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es/images/GALEUROPA/2019/resoluc_definitiva_asociacions_BS324B_2019.pdf

A Asociación Extramundi xestiona por segundo ano consecutivo, dentro deste programa, 14 bolsas a través dunha estadía de 3 meses (set-nov) con 100 horas mensuais de prácticas en empresa nos seguintes países:

Azores  (6 bolsas)
Reino Unido (4 bolsas)
Italia    (4 bolsas)

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias socio-profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación.

A mobilidade transnacional contribúe na mellora da súa experiencia profesional e na  adquisición de competencias na lingua de traballo do pais de destino.

O programa reserva prazas, nun dos fluxos de mobilidade, para favorecer o acceso a un 45% das persoas beneficiarias con discapacidade superior ou igual ao 33%.

Estamos a realizar a Inscrición no programa na páxina web  no seguinte enlace:
http://www.extramundi.org/gl/galeuropa
No anterior enlace tamén se especifican as características do programa e as coberturas.

O mes de xullo e agosto son meses onde a maior parte de axentes sociais e entidades colle vacacións, dificultando tanto o acceso aos potenciais participantes coma a comunicación entre institucións.

Este programa é unha oportunidade para que mozos/as accedan a facer prácticas en europa e melloren as súas oportunidades profesionais. Grazas por apoiarnos a difundir a súa existencia.



Información e contacto candidatos/as:
galeuropa@extramundi.org
604335102


Noticias relacionadas

Comentar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

X